O venres pasado, entre risas falábamos no Rif-Rock deses iconos dos hipsters, cantautores folk islandeses ou noutros idiomas incomprensibles, e logo falando doutros innomeables da illa... entón caeu iso de 'escolle un grupo islandes!!' Non dubidei nin un segundo: Singapore Sling, entón quedei eu de rariño, pero sigo mantendo a aposta. Asi que ahí va a recomendación.
Singapore Sling son unha banda de psychodelia de Reykjavic, de feito a única deste tipo que coñezo de Islandia, pero me parece un grapazo! Levan 6 álbumes publicados e un par de singles dende hai máis de 10 anos, cunha fórmula de shoegaze, lo-fi, psychodelia ácida e densa, de extremos, entre o ambiental e a intensidade das súas guitarras. Entre os seus últimos traballos, quédome co penúltimo: "Never forever" do 2011 (Fuzz Club Records), aínda que seguramente sexa máis fácil que atopedes o último "The Tower of Foronocity" do 2014, pero o do 2011 paréceme moito máis equilibrado, con pezas como 'Afterlife' ou 'Tunnel Vision' que fan de contrapeso a temas coma o single que da título ó álbum, e por encima de todas a fantástica 'Take'.
Recomendado, sobre todo para hipsters confundidos.
SINGAPORES SLING "Never Forever"
(Fuzz Club Records, 2011)
No hay comentarios:
Publicar un comentario