jueves, 26 de marzo de 2015

The Kinks "Kinda Kinks"

Neste tempos se cumpren 50 anos do lanzamento de moitos dos nosos álbumes favoritos. O que queremos lembrar hoxe é o "Kinda Kinks", segundo traballo que publicaron The Kinks. Foi lanzado orixinalmente o 5 de marzo de 1965 no Reino Unido, e gravado en só un par de semanas tra-lo éxito do seu debut, nesa edición orixinal se incluían 12 temas, todos compostos por Ray Davies, agás 'Got me Feet on the Ground' co seu irmán e dúas versións de Marvin Gaye ('Dancing in the Street') e Jay West ('Nagging Woman'), ademáis de temazos de r'n'b coma 'Wonder where my Baby is Tonight' ou dos seu característico beat como 'Come on Now', 'You shouldn't be Sad' e o exitado deste álbum 'Tired of waiting for you'. Ese mesmo ano aínda lanzarían o "Kwyet Kinks EP" e o "Kinks Kontroversity" en novembro. Por suposto en un par de meses se lanzou tamén a versión para os USA, con tracklist distinto, sustituíndo algúns temas polos seus últimos singles. Amiudo se considera un álbum menor da súa primeira época, polas declaracións dos irmáns Davies nas que sempre din que non quedaran moi satisfeitos coa producción. E aínda así, un discazo para a historia!.

THE KINKS "Kinda Kinks"
(Pye Records, 1965)




No hay comentarios: