jueves, 19 de marzo de 2015

King Khan & BBQ Show "Bad News Boys"

Xa hai un par de semanas que non vos deixamos novidades, así que xa toca.
Un dos álbumes que nos acaba de chegar é unha nova entrega de dous que sempre volven xuntos: King Khan & BBQ Show (King Khan xunto con Marc Sultan) que dende o 2009 non compartían este formato en lp ("Invisible Girls" in the Red Recordings) aínda que lanzaran un 7'' no 2011 que parecía adianto de un álbum inminente... pero nada ata agora. Neste blog podedes atopar ducias de entradas dos seus álbumes en calqueira dos seus múltiples proxectos, así que neste caso máis do mesmo, raw'n'roll en estado puro, temas para adiante, producción nula e con melodías sempre eficaces para letras naïf total. Marc Sultan en plan one-man-band e King Khan con máis guitarras e voces, pero bastante máis centrados que na entrega anterior. E por suposto, os disfraces novos para cada ocasión.

KING KHAN & BBQ SHOW "Bad News Boys"
(In the Red, 2015)



No hay comentarios: