martes, 17 de marzo de 2015

Daevid Allen "Stoned Innocent Frankenstein"

A mediados do decembro pasado vos recomendabamos o "Different Every Time" de Robert Wyatt, un álbum doble e unha biografía coa que Wyatt anunciaba a súa retirada. E este fin de semana, foi noticia outro dos seus compañeiros en Soft Machine, o guitarrista australiano Daevid Allen deixaba este mundo con 77 anos. 
Allen foi seguramente o máis experimental dos membros de Soft Machine, aínda que popularmente eclipsado polas figuras de Wyatt e Kevin Ayers, e coma os seus compañeiros, tra-la disolución da banda continuaron unha longa carreira noutros proxectos e como solistas. No caso de Allen, mudouse a Francia para formar Gong, además de publicar compulsivamente álbumes experimentais, ata os seus últimos anos involucrado en University of Errors. Este "Stoned Innocent Frankenstein" que se lanzou a finais do ano pasado é unha revisión do seu primeiro álbum en solitario, o "Banana Moon" de 1971, cando xa estaba instalado en Francia, e para o que sigueu a contar con con Robert Wyatt na bateria, e membros dos Stone The Crows. 
Por suposto recomendamos o orixinal, pero nesta edición se recollen versións alternativas, con distintas mixturas, e incluso letras diferentes. Un repertorio brillante nun álbum doble, de rock progresivo e jazz-rock, pero na súa etapa máis psych e beat. Recomendado!!

DAEVID ALLEN "Stoned Innocent Frankenstein"
(GAS Records, 2014)



No hay comentarios: