jueves, 26 de marzo de 2015

The Jon Spencer Blues Explosion "Freedom Tower"

Volve Jon Spencer, xunto con Bauer e Simins, volve a Blues Explosion! O seu momento pasou hai bastante tempo aínda que sigan volvendo unha e outra vez, basta con ollar a portada para comprender que algo está moi desfasado nesas cabezas, pero con isto non vos estamos desaconsellando este "Freedom Tower" (que leva por subtítulo No Wave Dance Party 2015). É un álbum nostálxico, como de reafirmación, no que reproducen tódo-los seus standards, ticks cambios e xogos dos seus mellores álbumes de mediados dos 90s. Se o comparamos cos seus útlimos traballos, é unha volta decidida ó son JSBX!, cando lle deamos máis tempo igual lle atopamos menos sentido neste momento, pero de primeiras entra coma una cañonazo. 
Xa nos diredes se vos convence.

THE JON SPENCER BLUES EXPLOSION "Freedom Tower"
(Mom & Pop, 2015)



No hay comentarios: