jueves, 19 de marzo de 2015

The Lovely Eggs "Magic Onion"

Nos últimos anos The Lovely Eggs se convertiron nunha das bandas que sigo con máis interés. Un dúo de Cardiff que recupera o espíritu que se perdeu no indie, con propostas orixinais e descaradas, puro DIY, que reforzan con deseño e imaxe. No 2012 xa colocamos o seu anterior álbum "Wildlife" moi arriba na nosa lista do mellor do ano. Agora por fin publican material novo. Comeza a promo de 'Magic Onion', un 7'' que sirve de adianto ó seu novo álbum "This is our Nowhere" que sairá o próximo mes. Un temazo para facerno-las ganas de máis! e o video na súa liña! Imprescindibles!

THE LOVELY EGGS "Magic Onion"
(Flower of Phong Label, 2015)



No hay comentarios: