viernes, 13 de marzo de 2015

The Shangri-Las "The Leader of the Pack"

E seguimos no 1965, e xa que estamos en medio da nosa programación Où Sont les Femmes? imos cunha banda feminina das que marcou época. 
Fronte as bandas de rapazas adicadas ao soul que continuamente lanzaban dende a Motown, ou baixo a marca de Phil Spector, sempre houbo unha corrente por acada-lo mesmo éxito con bandas de rapazas facendo rock'n'roll e pop evolucionado dende o doo wop. A lista é extensa, pero sempre de banda erfímeras, na que unha das compoñentes comezaba a súa carreira como solisto co mínimo indicio de éxito, ou se abandoaba o proxecto con moi pouca paciencia. 
The Shangri-Las foi un deses casos de manual, pero posiblemente dos que máis éxito lograron en menos tempo, e máis perdurou na memoria do público, sobre todo pola súa imaxe urbana e máis macarra, aínda que non pola súa música, que estaba demasiado enfocado ó público adolescente. En dous ou tres anos lanzaron máis dunha ducia de singles e dous álbumes, cos que acadaron números #1 de ventas en varias listas de USA e UK, todos con Red Bird Records no que case o 40% dos seus lanzamentos eran de bandas femininas.
Nestes días cúmprense 50 anos do lanzamento deste álbum, e por eso a recomendación, pero outro día deberíamos facer un repaso por bandas femininas dos 60s de garage ou freakbeat que nos gustan bastante máis, prometido!

THE SHANGRI-LAS "The Leader of the Pack"
(Red Bird Records, 1965)




No hay comentarios: