E outro álbum que vos recomendamos hoxe, unha auténtica xoia que pasou décadas case esquecido e que na actualidade se cotiza a precio de ouro.
"The Iron Pot Cooker" foi o único álbum que publicou Camille Yarbrough, escritora, actriz e activista, que durante a década dos 70 tivo certo éxito co seu show teatral Tales and Tunes of an African American Griot , e en Vangard Records decidiron convertilo en álbum. Lanzouse en 1975, con seis temas de soul, jazz e funk, que acompañaban ás estrofas dos seus recitais, e con partes de spoken word tal cual se transmitían no griot, e ata bases do disco no fin das evolucións. Destacan os 14 minutos de 'Dream, Panic, Sonny Boy The Rip-Off Man, Little Sally The Super Sex Star (Taking Care of Business)', 'All Hid', e por suposto 'Take Yo' Praise', o tema que a converteu en éxito repentino, aínda que o contido político social do álbum foino deixando nun segundo plano ata case o olvido total. En 1998 Fatboy Slim a popularizou de novoco seu remix de 'Praise You', reeditouse o álbum orixinal de Camille Yarbrough con novos remixes, e ata lanzou un novo álbum de spoken word no 2003, e despois da tenta saturación cos remixes outra vez esquecida.
Un discazo dos arriscados que valen moito a pena.
CAMILLE YARBROUGH "The Iron Pot Cooker"
(Vanguard, 1975)
No hay comentarios:
Publicar un comentario