Aquí está un dos discos máis agardados da tempada.
O novo traballo de Charles Bradley para Daptone Records, unha das figuras fundamentais do funk soul actual.
Este novo álbum leva por título "Changes" e inclúe o 7'' que lanzara xa no 2013 polo Record Store Day, que contiña o propio tema 'Changes', unha versión dos mesmísimos Black Sabbath en clave soul, con The Budos Band como banda de acompañamento, e con aquela portada que emulaba ó propio single dos de Osbourne e compañía, e na cara b aparecía a tremenda 'Ain't It a Sin' desta vez xunto con The Bullets, que tamén aparece no álbum, e ademáis é do mellor que lle teño escoitado (no video de abaixo o tedes nunha sesión acústica). Ademáis destes dous temazos xa coñecidos, cousas moi espirituais como a inicial 'God Bless America', a intensidade habitual en 'Good to be Back Home', 'Ain't Gonna Give it Up' ou 'Crazy for your Love', e a contundencia política en 'Change for the World'. Discazo!
CHARLES BRADLEY "Changes"
(Daptone Records, 2016)
No hay comentarios:
Publicar un comentario