jueves, 3 de marzo de 2016

Peacers "Peacers"

Estiven semanas dudando se recomendar este álbum ou non, por que me encanta pero non teño claro se todo o que me gusta de aquí mereza un lp completo, pero ahí vai. Peacers é en realidade un novo proxecto en solitario de Mike Donovan, vocalista dos Sic Alps, donde coincideu brevemente con Ty Segall e Tim Hellman (logo en Thee Oh Sees). Tra-la disolución da banda lanzou un álbum co seu propio nome, de moi pouco éxito, e o ano pasado comezou este novo proxecto, Peacers, tamén como solista, cunha nova volta ó seu son, aínda que bastante identificable. O propio Donovan se encarga de todo, agás da batería, que vai a cargo de Ty Segall en bastantes temas e que tamén produce o disco. Son 15 temas, dos que igual sobran a metade. Hai garage, power pop, moitas pezas acústicas, de rock folk, todo moi lo-fi e temas a medio facer... pero as que funcionan van coma un tiro: 'RID (Salam', 'Laze It', Piccolo and Ant', 'Kick on the Plane', 'Scandi Mindy' e 'Blume', pero claro, todas nas que nota máis a man de Ty Segall, así que xa sabedes por onde vai a cousa...

PEACERS "Peacers"
(Drag City, 2015)



No hay comentarios: