miércoles, 23 de marzo de 2016

David Bowie "Diamond Dogs"

Esta semana non vos recomendaremos ningún álbum, que entre preparativos e días de festa estaremos moi ocupados, pero si vou a contestar a algo que nos últimos meses nos preguntan: o noso álbum favorito de Bowie.
Non sabería decirvos cal é o álbum que máis me gusta de Bowie, segundo cando me preguntedes, pero tamén vos diría que ningún entraría no meu top, aínda que en todos atopo cousas que me gustan moito, e outras que sempre me sobran. No que seguro que coíncido con moitos e na mellor portada, así que me decido polo álbum que mellor entra polos ollos: o "Diamond Dogs" de 1974. 
O deseño é obra do artista belga Guy Peellaert, que se fixo famoso de xoven como renovador do comic, e se consagrou como deseñador de portadas de discos e posters de películas, da súa man saíron cubertas para álbumes de Bowie, dos Rolling Stones, carteles para Scorsese, Wenders ou Altman entre outros moitos. O seu deseño para o "Diamond Dogs" é sinxelamente espectacular, tanto como controvertido foi na súa época, xa que na versión orixinal estaban a vista os xenitais, que logo quedaron en negro. Aínda que sí existe unha tirada limitada con esa cuberta, que por suposto a día de hoxe é a máis cotizada de toda a súa discografía.

DAVID BOWIE "Diamond Dogs"
(RCA, 1974)




No hay comentarios: