O mes pasado vos recomendabamos o debut dos británicos The Heavy, mentres agardamos polo lanzamento do seu novo álbum previsto para abril. Hoxe volvemo á súa discografía para recomendarvos o seu segundo traballo, o que máis me gusta: "The House that Dirt Built" do 2009, non é o máis equilibrado, por que diso non teñen ningún, pero quizáis sexa por que é o que ten máis referentes directos nos 60s e nos 70s, aínda que seguían con esa fusión case imposible de estilos, neste álbum todo é moito máis directo, funk rock esaxerado, soul e rhythm'n'blues. Dende o cañonazo inicial 'Oh! No! Not you again!', a intensidade de 'How you like me now?', ou o ritmo de 'No Time', e tamén pezas máis delicadas coma 'Short change hero' ou 'Stuck'. E seguro que coñecedes moitos destes temas por que están fusilados en ducias de películas... e a seguir agardando polo seguinte.
THE HEAVEY "The House that Dirt Built"
(Counter Records, 2009)
No hay comentarios:
Publicar un comentario