miércoles, 2 de marzo de 2016

Thee Attacks "Strikes Back"

E imos con algún álbum antes de que chegue o fin de semana.
Os daneses Thee Attacks disolvéronse hai dous anos (xa veremos se con esto volven), de feito eu pensaba que levaban máis tempo de inactividade polo pouco que lles seguímos a pista dende a súa visita a Compostela no 2009 xusto antes da publicación do seu debut. Pois agora Crunchy Frog Recordings preséntanos este "Strikes Back" que reúne una colección de temas inéditos e un par de temas perdidos por recopilatorios do selo, unha banda sonora e un single de nadal. Como eles mesmos relatan na web: "a compilation of all the gooood shit that was never released". Son 12 temas do seu garage beat contundente que nos asombrou uns cantos anos, pola fidelidade do seu son á rítmica poderosa das bandas do noroeste dos USA de mediados dos 60s. Incúen seis temas da súa primeira sesión de gravación, en Copenhage no 2008, e que nunca antes foran publicadas tal cual foran recollidas, e os outros temas soltos entre 2009 e o 2013, a súa última gravación en LA, con Rob Campanella dos Brian Jonestown Massacre.
Xa veremos se volven, mentres, a menearse con este "Strikes Back"!!

THEE ATTACKS "Strikes Back"
(Crunchy Frog Recordings, 2016)





No hay comentarios: