jueves, 31 de marzo de 2016

Où Sont les Femmes? os agradecementos


Non podíamos rematar o mes sen lembrar ás que foron as auténticas protagonistas durante todo o mes de marzo dende a nosa cabina: Sandra, Paula, Marina, Cristina, Uxía, Noa, Cris e Olalla, os nosos agradecementos para as oito encargadas de poñer música tóda-las noites nesta segunda edición do ciclo Où Sont les Femmes?, cada unha coas súas propostas ben diferenciadas para consequir toda esa variedade que pretendiamos cada semana. 
Moitísimas gracias a todas. Unha auténtica marabilla e todo un pracer! 
Exitazo unha vez máis!!
A algunhas delas poderedes escoitalas noutras ocasións do ano no Rif-Rock, pero teredes que esperar ata o próximo ano para xuntalas a todas con este formato tan especial, repetiremos seguro.
E xa tedes unhas cantas sesións subidas no blog, pero seguro que a próxima semana nos chega algunha máis para compartir, seguide atentos...


No hay comentarios: