jueves, 10 de marzo de 2016

Iggy Pop "Post Pop Depression"

E un par de álbumes máis que vos recomendamos esta semana.
O retorno de Iggy Pop leva un par de meses deixando avances e aparicións en moitos medio, e esta mesma semana sae ó mercado. 
Hai moitos anos que os novos álbumes de Iggy non deixan de ser unha excusa para seguir saindo de xira, ademáis de explorar outros sons que nada teñen que ver co espectáculo dos seus directos explosivos coma nos seus tempos máis salvaxes. Se collemos os seus álbumes despois dos exitosos anos 90s atopamos o retorno cos Stooges con dous álbumes cheos de brasa a conta de nada no 2007 e 2013, un álbum de jazz inspirado nunha novela de Michel Houellebecq ("Préliminaires" do 2009), e outro con versións de clásicos da chanson francesa ("Après" do 2012), así que as espectativas estaban entre se chegarían outro de brasa ou outro experimento. Cando vin o anuncio de que o álbum estaría producido por Josh Homme, xa me colleu peor pinta, por que para o meu gusto todo o que toca este home nos últimos anos sona exactamente igual de plano dende principio a final, cos mesmos xiros e os mesmos tics de sempre en calquer banda, aburrimento asegurado.
Sen embargo este "Post Pop Depression" se inspira directamente nos anos de Berlín, no rexurdimento do Iggy Pop con "The Idiot" tra-lo fin dos Stooges e sempre baixo a batuta de David Bowie. Situádeo no avant-rock, ou art-rock, por decir algo, con temas ós que sacará bó proveito en directo pola súa rítmica contundente para as melodías con esa cadencia tan Pop! 

IGGY POP "Post Pop Depression"
(Loma Vista Recordings, 2016)



No hay comentarios: