Este mes de marzo teremos unha nova edición do ciclo Où Sont les Femmes?, no que se fan cargo da cabina do Rif-Rock algunhas das nosas mellores amigas para encargarse de toda a selección musical. Levábamos tempo querendo facelo, e o ano pasado ó fin fixemos unha programación completa no mes de marzo, con algunhas das habituais das nosas programacións, outras que había moito tempo que non o facían, e dúas que se estreaban. O resultado foi estupendo, e dende hai varios meses xa moitos nos preguntaban que íamos facer neste ano. Pois máis do mesmo, co mesmo formato, e ampliando a programación todo o posible. Aínda así, quedaron algunhas fora, por problemas de datas ou complicacións de última hora. Xa lles tocará noutra ocasión.
En Où Sont les Femmes? 2016 conseguimos sumar datas e participantes, con oito protagonistas repartidas en sete noites, con propostas e estilos ben distintos!
Tedes o programa completo nesta entrada.
Abre o programa SAMY SNAKE o sábado 5, habitual de moitas festas do Rif-Rock, pero que non se puxera ó frente da nosa cabina ata o ano pasado, este ano, por suposto repite.
O resto de mes teremos dúas entregas semanais. A seguinte será o turno de PAU PAU A GO-GÓ!, o venres 11, que tamén se estreaba na edición do ano pasado, e xa volveu en máis ocasións: ye-yé, beat, garage, surf... festa asegurada. E o sábado 12 será o turno de MARINOCHA Über Alles, principal impulsora de toda esta historia e a máis habitual de todas as participantes, por suposto porá todo o que lle pete, coma sempre.
A seguinte semana teremos a estrea de LILA ELÉCTRICA o venres 18, eclecticismo puro, teredes que vir a escoitala, e o sábado 19 volve NANI GONZÁLES á nosa cabina, moitos anos despois (se non falla o arquivo, a última vez foi en decembro do 2007!!) non vo-lo perdades!.
Durante a Semana Santa pasamos as entregas a xoves e venres. O xoves 24 teremos de novo ó PROXECTO DJOKOVIC de Noa, músicas do mundo, jazz, bossa, soul, funk... sempre diferente a todo o demaís. E o venres 25 pechamos o ciclo con CHIS PUM! & BIMBA POP, outra das habituais a nosa cabina que fai de anfitriona a unha que se estrea: 60's, funk, soul e moito indie asegurado.
Esperamos que vos guste! Non faltedes!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario