jueves, 10 de marzo de 2016

Compulsive Gamblers "Crystal Gazing Luck Amazing"

Hai unhas cantas semanas nos fixemos con esta xoia dos Compulsive Gamblers, así que ahí vai unha recomendación máis para esta semana.
Os Compulsive Gamblers formáronse en Memphis a comezos dos 90s, e ahí estaban Greg Cartwright e Jack Yarber, xunto con Bushrod Thomas, Fields Trimble e Greg Easterly na súa primeira formación, unha banda de garage, punk e blues eléctrico, unha auténtica bomba de lixo a toda velocidade! Con só dous 7'' lanzados Greg Cartwright e Jack Yarber formaron The Oblivians en 1993, e finalmente rematou por converterse na súa banda principal, ademáis de outros proxectos que levaron a cabo cada un pola súa conta, pero os Compulsive Gambler seguiron rexurdindo en varias ocasións segundo os períodos de inactividade dos Oblivians. Debutaron en longo en 1995 con "Gambling Days Are Over", volveron no 99 co "Bluff City", e no 2000 continuaron con este "Crystal Gazing Luck Amazing" que foi o seu último álbum de estudio ata o momento, e no que xa estaba conformado o seu característico son de calqueira dos seus proxectos neses anos, garage punk acelerado, blues eléctrico de alto voltaxe e esas voces tan características que seguen servindo para todo. Con esas propostas bipolares que supoñen 'The Way I feel about you', 'Pepper Spay Boogie' ou 'Negative Jerk' por unha banda, e 'Stop & think it Over', 'I'm that Guy' ou 'Your Hapiness' pola outra. Discazo!! Algún día volverán...

COMPULSIVE GAMBLERS "Crystal Gazing Luck Amazing"
(Sympathy for the Record Industry, 2000)



No hay comentarios: