O sábado tivemos unha desas noites especiais que ocurren no Rif-Rock cando se xunta toda esta panda de artistas que deron forma ós Scary Monsters.
A homenaxe a Bowie foi proposta polos propios músicos, así que nós somentes puxemos o local á súa disposición, sabendo que o restultado iba a ser estupendo. Nunhas cantas semanas se xuntaron ata 10 dos nosos amigos habituais da banda da casa para montar o espectáculo, e con só uns cantos ensaios xa estaban listos para montar o noso particular tributo a Bowie: RifRocKerZ from Mars!
O repertorio do show pasou polos seus álbumes entre finais dos 60s e comezos dos 80s: Blue Jean, Oh You Pretty Things, Heroes, Lady Stardust, Rebel Rebel, The Jean Genie, The Man Who sold the World, Ziggy Stardust, Five Years, Space Oddity, China Girl, Moonage Daydream, Rock'n'Roll Suicide, Life on Mars, Modern Love, Ashes to Ashes e para rematar Starman.
Coma sempre, gracias a todos por achegarvos ó Rif-Rock unha noite máis para desfrutar da música en directo, e montar a festaza que tivemos o sábado, e sobre todo estes cracks que o fixeron posible: Isidro Dozo, Quique Barreiro, Pîti, Miguel Costas, Victor Karallada, David Falcón, Rubén Iglesias, Kevi Aragunde e Noa Castro, e tamén claro a Karlos Abal que non puido chegar non último momento. Xa dixen polas redes que o Rif-Rock non sería o mesmo sen vós!!
Xa tedes todo o concerto subido nas anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3 - pt4) ou todo seguido en lista de reprodución:
No hay comentarios:
Publicar un comentario