miércoles, 8 de agosto de 2018

A X Festa do Bigote!

Aquí vai o resumo da X FESTA DO BIGOTE!!
Festaza divertida coma sempre!! Moitas gracias a todos por participar un ano máis, logo dunha dura semana de festas. Coma tódo-los anos insistimos nos poucos aspirantes serios a mellor bigote, pero desta vez subeu moito o nivel dos disfraces. 

Os premiados da X FESTA DO BIGOTE!!
- Mellor Disfraz: MATÍAS DAPORTA
- Bigote Postizo: VITOR DOMINGUEZ
- MELLOR BIGOTE: ALEX PRADO

Noraboa de novo ós premiados!! aplausos!!

Temos que comezar o resumo reiterando os nosos agradecementos a Edu Charlín de PC BARBERÍA, un padriño insuperable para esta festa, pola súa implicación e polos seus espectaculares lotes de productos, e que este ano non puido asistir por ter que atender a asuntos moito máis importantes que esta carallada, no seu lugar entregou o premio absoluto Matías Fontán, presidente do CJ Cambados. Ademaís, Jacobo Aragunde volveu tomar as rendas da cerimonia de entrega de premios, e coma sempre Marinocha poñendo orde en todo isto. E por suposto, grazas a todos por vir a rematar a semana de Albariño con tanto humor e tantas gañas de seguir de festa. Por último, aquí tedes o video coa entrega de premios completa.
O próximo ano máis... 


No hay comentarios: