Este sábado será a última cita do ciclo Ulo Vermú?.
Sábado 1 setembro: Praza do Con, 20:00h.
SUPERSER + TRAVESTI AFGANO + BIMBA.
Superser son unha banda de garaxe de Cedeira, a última sensación do xénero do país. Practican una fórmula adictiva de garage, blues psicodélico e surf, inspirados en Link Wray, Roky Erikson ou Sky Saxon.
Travesti Afgano, a mellor banda galega de post-punk. Con membros de ilustres formacións de varios puntos de Galicia, e habituais das citas máis underground de toda península. Os seus dous LPs son auténticos cañonazos, con letras que son un auténtico delirio, e nas que non deixan títere con cabeza.
E todo acompañado coas seleccións de Bimba, a picadiscos máis imprevisible que coñecemos. Planazo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario