Onte coñecimos a nova do pasamento do mítico Spencer P. Jones, outro xenio australiano que nos deixa. Membro orixinal e guitarrista dos Beasts of Bourbon, sempre estivo en moitos proxectos paralelos, dende The Johnnys nos seus inicios, os propios Beasts, outros proxectos con Kim Salmon, e nas últimas décadas cunha interesante carreira en solitario. Precisamente con Salmon compartíu o último álbum que lle coñecimos, "Runaways" do 2013. Coas búsquedas trala triste nova, atopámonos con que en xuño deste mesmo ano acababa de reeditar o seu "Sobering Thoughts" xunto con The Escape Committee, un álbum do 2010. Un traballo no que podemos atopar a síntese perfecta do seu son e das súa melodías. As miñas favoritas deste disco: 'Bouquet of flowers', 'You can't change what you are' e 'China Doll'. Recomendadísimo para un día coma hoxe.
SPENCER P. JONES & The Escape Committee "Sobering Thoughts"
(In the Dog House/Aztec, 2010)
No hay comentarios:
Publicar un comentario