miércoles, 8 de agosto de 2018

Gizelle Smith "Ruthless Day"

Maís recomendacions que nos chegan dende WillWork4Funk.
A británica Gizelle Smith lanza o seu segundo traballo, logo de moitos anos dende aquel "This Is Gizelle Smith & The Mighty Mocambos Mocambos" do 2009. Este "Ruthless Day" está lanzado por Jalapeno Records, compañía que está a editar a xente tan interesante coma Smoove and Turrell ou Ephemerals. 
Logo de tanto tempo a súa proposta evolucionou moito, aínda que continúa con Def Stef aos mandos da produción, sacándolle partido a esa voz que nos encanta, pero con desenrolos moi diferentes, na onda do soul progresivo que se vai facendo oco pouco a pouco. De mostra, o soul de 'Twelve', que se vai enriquecendo ata rematar sendo unha peza de funk do máis rítmico, ou 'Love Song' con melodías do soul máis clásico pero cunha instrumentación que nada ten que ver. O álbum abre con 'Dust', un funk contido que xa nos adianta moito do que ven despois, enormes melodías e rítmica avanzada, e unha voz que é unha delicia, e que vai alternando influencias do blues, do rock e da música de baile, ou todo xunto, coma 'Scared of Something'. Cambios de ritmo e tempo e unha instrumención de luxo coma en 'Hey Romeo', ou 'Hero' e 'S.T.A.Y.' coa colaboración vogal do dj e productor Eric Boss. Como despedida o gospel de 'Amen', para tocar tódo-los paus posibles. 
Un pracer voltar a escoitar a voz de Gizelle Smith.


GIZELLE SMITH "Ruthless Day"
(Jalapeno Records, 2018)



No hay comentarios: