martes, 7 de agosto de 2018

Jake Mason Trio "Stranger in the mirror"

Imos con algo de música relaxante para comezar esta semana de recuperación.
Dende WillWork4Funk nos recomendan o debut do Jake Mason Trio, a a nova aventura do teclista australiano Jake Mason, da banda soulfunk Cookin' on 3 Burners. É un novo proxecto de soul jazz instrumental, acompañado de James Sherlock á guitarra e o baterista Danny Fischer.
O seu debut é este "The Stranger in the Mirror" (Soul Messin' Records), dez temas orixinais de jazz con estructura de blues e inspirados polos clásicos sons de Hammond lanzados por Blue Note e Prestige, e que se secuencian coma se dunha banda sonora imaxinaria se tratase.
O álbum alterna os tempos, dende 'The Grain Store' unha peza entre o blues e o acid jazz, 'Rib Eye' que vos levará directamente ao soul jazz máis enérxico, ou  tonadas máis sentidas coma 'Please Please Please', na que contan coa colaboración do saxofonista Paul Williamson, ou as longas 'People Two and One' e 'Smile Ashile', para rematar de novo con máis ritmo con 'Lemon Twist' e 'Candy Smack'. En medio, non vos perdades a percusión de 'Butter Melt'.
Jazz con sonido hammond e alma de blues. Recomendado.


JAKE MASON TRIO "Stranger in the Mirror"
(Soul Messin' Records, 2018)



No hay comentarios: