Un dos álbumes que máis levamos raiando estes últimos meses é o segundo longo de Fantastic Negrito, californiano de orixe somalí, e cunha historia vital que da para unha peli das potentes. Logo de varios eps, o seu primeiro álbum, "The Last days of Oakland" foi aclamado por público e crítica no 2016, e valeulle ademáis o Grammy a mellor álbum de blues contemporáneo, aínda que iso xa é menos fiable.
Hai uns meses lanzou este "Please don't be dead", no que vai sen contemplacións a por tóda-as súas influencias, alternando o rock máis potente, blues, funk e soul. Sona ao mellor Lenny Kravitz, ao retorcido Tom Waits, ao Nick Cave máis escuro ou as novas vías do soul e o funk. Proba delo, as guitarreiras 'Plastic Hamburgers' ou 'The Duffler', o cabaret alucinado de 'Transgender Biscuits', o sentido soul-blues de 'Letter to Fear', o gospel de 'Never give up', ou as elaboradas 'The suit that won't come Off' e 'A cold November Street'. Todo cabe neste álbum. Recomendado.
FANTASTIC NEGRITO "Please, don't be dead"
(Cooking Vinyl, 2018)
No hay comentarios:
Publicar un comentario