jueves, 2 de agosto de 2018

X Festa do Bigote, as bases do concurso

Faltan XXX días semana.
Domingo 5 de agosto, Domingo do Albariño, despois da medianoite... 
O RIF-ROCK & CTK coa colaboración de PC Barbería convócanvos á 10ª FESTA DO BIGOTE!!. 
Aquí tedes as bases do concurso.


Este ano, xa nin íamos a repetir todo este coñazo, pero como sempre hai quen o quere todo por escrito para logo queixarse igual, ahí vai...

BASES DO CONCURSO para a X FESTA DO BIGOTE:

- A Festa do Bigote comeza oficialmente no Rif-Rock despois dos fogos do que clausuran as festas do Albariño á medianoite do domingo 5 de agosto, así que xa nos imos á madrugada do día 6. 

- Prégase a tódo-los asistentes que aparezan con bigote, auténtico ou non.

- O que non leve o mostacho posto acudirá únicamente baixo a súa responsabilidade.

- A organización non se fai responsable dos accesorios que outros asistentes lle poñan na cara.

- Coma sempre, haberá tres categorías a concurso: 
o Gran Premio ao Mellor Bigote, Premio Bigote Falso e Premio Mellor Disfraz.

Categoría MELLOR BIGOTE (Gran Premio da Festa do Bigote):
· todo pelo natural na cara da persoa participante.
· valorarase tamaño, lonxitude e orixinalidade.
· lembrade que se trata de bigotes, nin perillas nin barbas, Bigotes!!

Categoría de BIGOTE FALSO:
· inclúense nesta categoria os mostachos falsos: pintados ou postizos, calquer trebello que queirade usar pode servir, todo depende da vosa orixinalidade.
· coma na categoría anterior, preferiblemente na cara.

Categoría de Mellor DISFRAZ:
· roupa, maquillaxe, interpretación... calqueira cousa pode suxestionar ó xurado.

- A entrega de premios celebrarase aproximadamente entre as 2:30 e a 3:00h. da madrugada, (aínda que a festa durará un par de horas máis) tra-la deliberación do XURADO, que estará formado por varios membros de entre os responsables do Rif-Rock, Cambados(TK) e o noso padriño e colaborador Edu PC.

- Os aspirantes deberán estar no local durante a deliberación (e un pouco antes, para que os poidamos ver con tempo e valorar axeitadamente) así como para a recollida do premio, de non ser así, realizaríase unha nova deliberación.

E agora a letra pequena:
* E por suposto: a organización resérvase o dereito de retirar, suspender ou rectificar o concurso e modificar o contido das presentes bases en calquera momento no suposto de que aconteza algún tipo de circunstancia imprevista que estea fora do seu control razoable.
** Para reclamacións, denuncias de complot e demáis percances, mellor que o traides todo de casa por escrito con antelación, que igual o día seguinte xa non nos lembramos...
***o xurado non admitirá sobornos en sobres pechados, por favor, os cartos á vista!!!

Se hai máis novas seguiremos informando neste blog dos RifRocKerZ ou na nosa páxina de facebook.


E o máis importante de todo... NON FALTEDES!!!!!!!

No hay comentarios: