jueves, 23 de agosto de 2018

Oh Sees "Smote Reverser"

Xa está aquí o novo álbum dos Oh Sees, recén saído o venres pasado e non paramos de darlle voltas.
"Smote Reverser" son once novos teman, nun álbum dobre que xa fai o 17º de estudio se non nos fallan as contas. Dwyer non pode parar, e segue coa experimentación dos últimos anos, alternando efectos, estructuras e texturas. din que últimamente anda moi influenciado por John Lord e Keith Emerson, e iso nótase no protagonismo que lle da aos teclados neste traballo, excesivo incluso. Pero imos por partes. O álbum comeza como un auténtico cañonazo, con 'Sentient Oona' con moitos toques progresivos pero que nos remiten moito máis aos CAN da época de Damo Suzuki, 'Enrique el Cobrador' mantén certo equilibrio entre a súa fórmula habitual e esa teima de agora, a adictiva 'C' e a acelerada 'Overthrown'. Dende aquí todo perde gracia, vólvese un tanto repetitivo e pausado. Os sete minutos de 'Last Peace' ou os doce de 'Anthemic Aggressor' parecen mal secuenciados sen contapeso. A única alegría cara o final é 'Nail House Needle Boys' que semella voltar á ritmica e melodías dos CAN, aínda que pouco orixinal claro. Para rematar 'Beat Quest' no que parece agora xa posuído por Emerson, mal final.
Teremos que darlle moitas máis voltas ao álbum, que coma sempre ten temas de moito nivel, aínda que a liña xeral desta vez apunta cara historias que nos aburren bastante. Veremos como seguen.

OH SEES "Smote Reverser"
(Castel Face Records, 2018)



No hay comentarios: