miércoles, 8 de agosto de 2018

UK Subs "Subversions"

Menuda sorpresa que nos levamos ao ver que os míticos UK Subs lanzaban novo disco. Chámase "Subversions" e, evidentemente, son unha colección de doce covers, de clásicazos de case tódo-los estilose algunha cousa máis recente. O último álbum de estudio que lembramos deles é de finais dos 90s, e se esa década xa se lles fixo larga a estes pioneiros do street punk, cando xa nada tiñan que ver con aqueles do "Brand New Age" ou o mítico "Live Kicks" de 1980, e por suposto creo que ninguén contaba con eles aínda 20 anos máis tarde. Un disco necesario? pois tampouco, pero alomenos é bastante divertido.
Covers do 'Kick Out the Jams' dos MC5, ou o 'Train Keep a Rollin' dos Yardbirds, '1969' dos Stooges, ou o 'Roadrunner' de Jonathan Richman cos Modern Lovers. Ademáis Motörhead, Bob Seeger, compañeiro de xeración punk coma os británicos Diodes ou os australianos The Saints. O tema máis recente versión dos QOTSA, que encaixa xa forzado, e para rematar o 'Suffragette City' de Bowie. Todo a toda pastilla, bastante máis potentes que antes, e sen ningunha concesión. Divertido un par de veces e xa, pero alomenos xa lles chega para manterse de xira.

U.K. SUBS "Subversions"
(Cleopatra Records, 2018)



No hay comentarios: