Ty Segall e White Fence (Tim Presley) volven uní-las súas forzas nun novo lp.
Logo daquel fantástico "Hair" do 2012, o 20 de xullo lanzaron este "Joy", do que xa nos adiantaran o tema 'Good Boy ' hai un par de meses.
Se en 'Hair' xuntaban os seus talentos para deixarnos oito temas de garage e pop psychodélico no que evidente cada un era o autor da metade dos temas, desta vez tiran parece que deixaron que todo fora medrando no estudio. Son 15 cortes, algúns de ponte entre outros temas, outros sinxelas experimentacións, pero atoparedes de todo dende o ruidismo de 'Other Way', con 'Perttiest Dog' que semella unha intro perdida de hardcore oldschool seguida polo power pop sesentero de 'Do you Hair'. Pero a liña predominante é a última, temas como 'Please don't leave this town', 'Body Behavoir', ou 'A Nod', sempre na busca de boas melodías.
Discazo, e divertidísimo ademáis.
Discazo, e divertidísimo ademáis.
TY SEGALL & WHITE FENCE "Joy"
(Drag City, 2018)
No hay comentarios:
Publicar un comentario