jueves, 9 de agosto de 2018

Ciclo Ulo Vermú?

Ulo Vermú? é un ciclo de música na rúa, organizado polo Concello de Cambados e Cambados Zona Centre, coa colaboración dos de Ulomanía Coop. 
Cinco datas dende o 11 de agosto ao 1 de setembro, con catro sesións vermú e unha última sesión de tarde. Todo presentado cos deseños do xenial Daniel Alonso, de El AlmaZén de La Casa Taller.


Aquí tedes todo o programa completo, e para seguir informados no día a día, podedes seguilo tamén no facebook.

• Sábado 11 agosto: Rúa Real, 13:00H. DEAD WOOD
Sen dúbida a banda máis orixinal do Salnés. Country, folk e blues escuros con ritmos de cabaret, e cunha das propostas máis divertidas que se pode ver en directo.

• Mércores 15 agosto: Praza Alfredo Brañas, 13:00h. BREAKIN’ BONES
Pasan por se-la banda máis gamberra de Galicia, pero sen dúbida son a mellor banda de psychobilly do país e unha das máis divertidas. Clasicazos dos 50s, yeyé e pop dos 80s a ritmo de rockabilly

• Domingo 19 agosto: Praza das Rodas, 13:00h. THE GYPSY SOULS
Nova formación duns vellos coñecidos. The Gypsy Souls son Andrea Area e David Falcón. Tralo parón dos Sharknadoos volven con este proxecto de funk, soul e rhytyhm’n’blues. Puro talento e a mellor voz negra da comarca.

• Domingo 26 agosto: Rúa Isabel II, 13:00h. LITTLE JUICE
Little Juice son un quinteto diferente cunha particular mestura de freak soul, blues e pop. Hai uns meses presentaban a súa primeira referencia discográfica, o EP "Drøwn", e xa está esgotado.

• Sábado 1 setembro: Praza do Con (San Tomé), 20:00h. SUPERSER + TRAVESTI AFGANO + sesión BIMBA dj.
Superser son unha banda de garaxe de Cedeira, a última sensación do xénero do país. Practican una fórmula adictiva de garage, blues psicodélico e surf, inspirados en Link Wray, Roky Erikson ou Sky Saxon. 
Travesti Afgano, a mellor banda galega de post-punk. Con membros de ilustres formacións de varios puntos de Galicia, e habituais das citas máis underground de toda península. Os seus dous LPs son auténticos cañonazos, con letras que son un auténtico delirio, e nas que non deixan títere con cabeza.
E todo acompañado coas seleccións de Bimba, a picadiscos máis imprevisible que coñecemos.
Nesta última data, tamén coa colaboración de Cobesa, Super Bock, e a web Enoturismo Rías Baixas.



No hay comentarios: